Ciencia y Tecnología

Milleiros de personas mobilízanse en Compostela contra os megaproxectos mineiros en Galicia

Milleiros de personas manifestáronse este domingo en Compostela en contra dos ‘megaproxectos’ mineiros que a Xunta quere aprobar coma a mina a ceo aberto, de ouro, de Corcoesto, a de feldespato na comarca de A Limia ou os plans extractivos na Terra Chá. Convocados polo colectivo ContraMINAcción, a marcha foi apoiada por numerosos colectivos e asociacións medioambientais e de veciños das zonas afectadas polas devanditas explotacións.

Os manifestantes, que sairon da Alameda cara a Praza da Quintana, baixo o lema ‘Galicia non é unha mina. Defende a terra, defende a vida’, criticaron a política do goberno galego denunciando que o que pretende é acabar co territorio e favorecer ás grandes multinacionais.

A marcha desenrolouse con berros de ‘A auga no se vende, deféndese’, ‘Nin arsénico nin cianuro, queremos aire puro’ ou ‘Galicia non á a finca del PP’, coas que os manifestantes chegaron á Quintana que quedouse pequeña para acoller aos milleiros de personas que encheron a capital galega clamando ‘¡Mina Non!’. Xa na praza, e maila a que a Alcaldía de Santiago comunicou a ContraMINAcción a denegación de enganche ao servizo eléctrico do Concello para o acto final da manifestación -, pronunciáronse sendos manifestos nos que alertouse dos perigos dos diferentes proxectos mineiros.

“Galicia está amenazada pola megaminería coa que pretenden lucrarse multinacionais  estranxeiras coa colaboración do Goberno do PP que, lonxe de defender a terra, apoia a súa destrución”. “Esas multinacionais, pretenden extraer o pouco mineral que haxa moi rápidamente para o cal empregarán uns medio moi perxudiciais, económica, sanitaria e ecolóxicamente, coma cantidades inxentes de tóxicos, coma o cianuro ou o aersénico, o cal suporá unha hipoteca para as xeracións de hoxe e as vindeiras”.

 

También te puede interesar