RGPD - Cookies
Vigo al día

Este luns ábrese o prazo de inscripción para os campamentos de ‘Verán xove’ do Concello

O prazo de prescripción para Verán Xove, se abre este luns, día 3 de xuño ás 10 da mañá, e finaliza o xoves día 6 ás 8 da tarde. Se queres facer esta preinscripción podes facelo, esos días, dende vigoalminuto, premendo aquí, imprimindo  como resgardo o formulario web ao finalizar a inscrición. Se facilitaches un enderezo electrónico mandaranche unha copia do mesmo.

Lembra que só se poderá cubrir unha solicitude por neno ou nena. No caso de recibirse máis de unha só valerá a última eliminándose as anteriores. Tamén se anularán as solicitudes con datos incorrectos ou incompletos.

De non ter posibilidade de acceder a Internet ou de necesitar axuda para cumprimentar o formulario de solicitude, na Casa da Xuventude, en López Mora, e no Punto Xove, en López de Neira, haberá persoal de apoio, ordenadores e unha impresora a disposición.

O método de asignación será por orde cronolóxica de recepción de solicitudes. Cada neno ou nena será asignado/a na primeira das opcións elixidas con dispoñibilidade de praza.

O listado de preinscritos/as en cada unha das actividades publicarase o día 10 de xuño ás 2 da tarde. en www.xuventudevigo.org. As persoas que aparezan no listado de cada campamento terán que confirmar a súa solicitude dende as 5 da tarde  do día 10 ata o día 13 de xuño ás 20:00h, presencialmente na Casa da Xuventude ou no Punto Xove e telemáticamente a través do formulario que se habilitará na web para tal fin.

Campamentos Urbanos, Ludotecas, Actividades Xuvenis e ‘Divírtete no verán’

Este ano, as actividades, que prolongaranse ate a primeira semana de setembro, divídense en tres grandes grupos: os Campamentos Urbanos, para [email protected] de 4 a 17 anos, que incorporan dous novos espazos, o Pabellón e a Praia da ETEA e a Casa da Xuventude; as Ludotecas, para rapaces e rapazas de hasta 13 anos, e as Actividades Xuvenís, pensadas para veciñ@s de 13 a 35 anos, nas que se inclúe, entre outros, o voluntariado nas Illas Cíes. A eles hai que sumar ‘Divírtete no verán’, que se levanrán a cabo no Verbum en xullo e agosto, e que están pensadas para personas con discapcidade.

A maiores, desenvolveranse dúas citas completamente deportivas, o XIV Campus Vide, no Pabellón de As Travesas, os días 25 a 28 de xuño, para rapaces de 8 a 14 anos, nun horario ininterrompido de 9 da mañá a 6 da tarde e a Vigo Cup, do 1 ao 7 de xullo para xoves de 15 a 17 anos.

 

También te puede interesar