Galicia

A presidenta do Parlamento expulsa á deputada Chelo Marínez por pedir a Feijóo que contestase á oposición

A deputada de AGE, Chelo Martínez

A presidenta do Parlamento de Galicia expulsou este martes do hemiciclo á deputada de  Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Chelo Martínez, despois de ser chamada á orde tres veces durante a sesión de control.

Martínez, como fixo o voceiro do seu grupo, Xosé Manuel Beiras, reclamou ao presidente da Xunta que «respondese» ás preguntas que lle formulaba a oposición. Mentres dende os escaños populares, e tamén a mesma presidenta, Pilar Rojo, acusaban a Beiras de querer protagonismo.

«¡Non quero protagonismo!», exclamou o voceiro de AGE, apoiado por Chelo Martínez quen levantouse para pedir unha cuestión de orde logo de que o presidente Feijóo suxerise ao seu grupo que fose en coalición nas próximas eleccións co narcotraficante Marcial Dorado, momento no que a deputada berrou “,«¡Non vai a pola foto!», o cal fixo que Pilar Rojo a expulsase do hemiciclo.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.