Ciencia y Tecnología

As Marismas Coruñesas e Terras do Mandeo, reserva mundial da biosfera

Ponte Mandeo/ Fotografía: http://ecoartabria.com/

A Unesco ven de declarar a zona de As Mariñas e Terras do Mandeo reserva mundial da biosfera, segundo informan os promotores desta candidatura, o Grupo de Desenvolvemento Rural ‘As Mariñas-Betanzos’.

A noticia deuse a coñecer na sede da Unesco no marco do Consello Internacional de Coordinación do programa MAB (Man and the Biosphere). Por unanimidade, o consello avalou a candidatura das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

A Unesco destacou, para o seu ditame favorable, «o grande consenso social que alcanzou a candidatura resaltando o papel activo dos 18 concellos, a estruturación dos órganos de xestión que se crearán, e a programación xeral e económica xa prevista ata o ano 2022».

Ata París, desprazouse unha delegación, encabezada polo presidente deste Grupo de Desenvolvemento Rural e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, acompañado do vicepresidente e alcalde de Paderne, César Longo

Con esta distinción, Mariñas-Betanzos xa está incluída dende este martes, día 28, na rede mundial de reservas de biosfera, aínda que o título o recibirá nun acto que previsto para setembro ou outubro. A cualificación de reserva permitirá ao territorio, formado polos concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo,Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Miño, Irixoa, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Sada, Curtis e Sobrado, optar a novas vías de financiamento específicas, así como potenciar o turismo e unha marca propia para produtos autóctonos.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.