Vigo al minuto

Representantes da CIG, este martes en Bruxelas para falar do tax-lease na Unión Europea

Unha delegación da Confederación Ingtersindical Galega (CIG) manterá unha xuntanza este martes enen Bruxelas co director da Oficina da Competencia para abordar a problemática derivada do tax lease. A xuntanza foi xestionada pola eurodiputada galega do BNG Ana Miranda, e acudirán en representación da CIG o Secretario Nacional do Metal, Xoán Xosé Bouzas Aboi, o Secretario Comarcal do Metal en Vigo, Manuel Simón e o secretario Nacional do Sector Naval, Cesar Rodríguez .

Segundo indicaron os reponsables da central, trasladaremos a urxencia por resolver o expediente e a importancia que o naval ten en Vigo, maior que en ningunha outra parte do Estado, polo peso e número dos Estaleiros e polo volume de emprego que mobiliza; un Sector estrutural, vital e histórico na economía da cidade”.

Os responsables do sindicato preguntarán pola data prevista para a conclusión do expediente, a decisión sobre a retroactividade, os informes recibidos e as prácticas coñecidas doutros países como Holanda, Noruega ou mesmo Francia en aplicar deducións fiscais directas á innovación e tecnoloxía de orixe, que poden afectar ás normas de competencia.

 

También te puede interesar