RGPD - Cookies
Galicia

Este luns chega unha borrasca que estará sobre Galicia tres días

Galicia estará este luns nunha situación intermedia entre ou anticiclón que se retira cara ao Atlántico e unha borrasca que nos afectará ate o mércores. Unha fronte asociada a esa borrasca irase achegando dende o Norte pola noite.

Dacordo coas prediccións de MeteoGalicia,haberá unha progresiva entrada de nubes que durante o día serán de tipo medio e alto. Pola noite entrarán nubes baixas e empezarán as precipitacións polo noroeste, facéndose máis xeneralizada cara á madrugada do martes.

Pola súa banda, as temperaturas non experimentarán cambios ou terán un lixeiro descenso. Así, por cidades, as máximas alcanzarán os 24 graos de Ourense, os 19 de Vigo, Pontevedra e as mínimas descenderán ata o 5 graos de Lugo.

Dende o xoves, se se cumplen as previsións, haberá un cambio nas condicións meteorolóxicas. O anticiclón entrará progresivamente en Galicia, polo que se agarda xa un tempo máis parecido ao verán entre o venres e o vindeiro luns.

 

También te puede interesar