Vigo al minuto

En marcha ‘Verán Xove’ que este ano non rematará ata primeiros de setembro

O Concello pon en marcha como todos os anos o programa ‘Verán Xove’, que este ano abrangue un número maior de actividades divididas en tres grandes grupos: Campamentos urbanos, Ludotecas e Actividades Xuvenís. Como indicou este xoves o alcalde, durante a súa presentación, ‘Verán Xove’ “vai dirixido á á poboación infantil e xuvenil da cidade” e, por tanto, é un requerimento imprescindible estar empadroado para optar ao mesmo.

Abel Caballero subliñou que este verán nos suben os prezos con respecto a 2012 “o cal representa, realmente un abaratemento”, algo, engadiu, que é posible “porque a aportación do Concello a cada un das przas é a metade do seu  custo, o que representa, en conxunto máis de 60.000 €”.

O obxectivo fundamental de ‘Verán Xove’, que oferta un total de 4.066 prazas, é o “ocio educativo” e, ademáis “potenciar o emprego”, de feito, durante o tempo de duración contrataranse a 60 minitor@s, asegurou o alcalde quen indicou que outra das intencións é facilitar, durante os meses de lecer, que as familias poidan conciliar a vida laboral e familiar.

Campamentos Urbanos, Ludotecas e Actividades Xuvenís

Este ano, as actividades divídense en tres grandes grupos: os Campamentos Urbanos, para nen@s de 4 a 17 anos, que incorporan dous novos espazos, o Pabellón e a Praia da ETEA e a Casa da Xuventude; as Ludotecas, para rapaces e rapazas de hasta 13 anos, e as Actividades Xuvenís, pensadas para veciñ@s de 13 a 35 anos, nas que se inclúe, entre outros, o voluntariado nas Illas Cíes. A eles hai que sumar ‘Divértete no verán’, que se levanrán a cabo no Verbum en xullo e agosto, e que están pensadas para personas con discapcidade.

A maiores, desenvolveranse dúas citas completamente deportivas, o XIV Campus Vide, no Pabellón de As Travesas, os días 25 a 28 de xuño, para rapaces de 8 a 14 anos, nun horario ininterrompido de 9 da mañá a 6 da tarde e a Vigo Cup, do 1 ao 7 de xullo para xoves de 15 a 17 anos.

Algúns dos rapaces e rapazas que estiveron o ano pasado en VigoZoo/Tresyuno Comunicación

Caballero engadiu que as novedades deste verán son os ‘momentos de inmersión lingüística’, cunha hora diaria de inglés en cada unha das actividades e, especialmente no VigoZoo, do 1 ao 14 de xullo; e o incremento dos días de campamento que prolóngase á primeira semana de setembro o que, sumado ao aumento de propostas levaron ao alcalde de asegurar que “son os mellores campamentos, como mínimo, de Europa”.

Unha das novidades deste ano é a inmersión lingüística en inglés/Tresyuno Comunicación

Inscripción

O prazo de prescripción, que se abre o luns día 3 de xuño ás 10 da mañá, e finaliza o xoves día 6 ás 8 da tarde. Se queres facer esta preinscripción podes facelo, esos días, dende vigoalminuto, imprimindo  como resgardo o formulario web ao finalizar a inscrición. Se facilitaches un enderezo electrónico mandaranche unha copia do mesmo.

Lembra que só se poderá cubrir unha solicitude por neno ou nena. No caso de recibirse máis de unha só valerá a última eliminándose as anteriores. Tamén se anularán as solicitudes con datos incorrectos ou incompletos.

De non ter posibilidade de acceder a Internet ou de necesitar axuda para cumprimentar o formulario de solicitude, na Casa da Xuventude, en López Mora, e no Punto Xove, en López de Neira, haberá persoal de apoio, ordenadores e unha impresora a disposición.

O método de asignación será por orde cronolóxica de recepción de solicitudes. Cada neno ou nena será asignado/a na primeira das opcións elixidas con dispoñibilidade de praza.

O listado de preinscritos/as en cada unha das actividades publicarase o día 10 de xuño ás 2 da tarde. en www.xuventudevigo.org. As persoas que aparezan no listado de cada campamento terán que confirmar a súa solicitude dende as 5 da tarde  do día 10 ata o día 13 de xuño ás 20:00h, presencialmente na Casa da Xuventude ou no Punto Xove e telemáticamente a través do formulario que se habilitará na web para tal fin.

 

También te puede interesar