Deportes

Rubén Riós impulsa ‘Espello Deportivo’ xunto cos mellores deportistas olímpicos e paralímpicos galegos

Sofía Toro e Rubén Riós, nunha conferencia en Xinzo

Rubén Riós, que non so é un estupendo actor e un home solidario, senon un dos máis inquedos promotores da cultura e as tradicións galegas, ven de desenrolar ‘Espello Deportivo’, un proxecto que xurde dunha idea conxunta cos deportistas olímpicos e paralímpicos, Sofía Toro – ouro en vela en Londres 2012 -, Juan Antonio Saavedra – prata nos paralímpicos en carabina tendida -, e Chano Rodríguez – o paralímpico máis laureado da historia con 16 medallas, e prata nos 50 metros en Londres 2012 -.

‘Espello Deportivo’, apoiado pola Xunta de Galicia, pola Secretaría Xeral de Normalización Lingüística, da Deputación da Coruña e Deputación de Ourense, pretende lograr que os deportistas poidan acadar patrocinadores de empresas privadas, de cara a poder estar na próxima edición dos Xogos Olímpicos, como é o caso de Gadis que xa está a apoiar esta idea polo “seu gran potencial”.

Este proxecto  comezou visitando primeiro os concellos e centros de ensino da Deputación de A Coruña, “e agora estamos cos da deputación de Ourense no que xa levamos catro conferencias”. En cada conferencia Rubén Riós fai  unha breve presentación do mesmo, entra o deportista e explican, nun micro-documental,  seu día a día. Acto seguido ven a parte máis interesante da conferencia, as preguntas de todos os asistentes, sobre calquer tema que queiran.

A mensaxe destas conferencias non é outra que trasmitir os valores do esforzo, superación, traballo, constancia, a través da lingua,”o galego, a nosa seña de identidade dentro e fora da nosa terra e o que nos fai únicos en frente do resto”.

Ás conferencias asiste público de todas idades, desde os máis pequenos, señores e señoras maiores, xente con discapacidade, deportistas de outras disciplinas, o que está a facer de ‘Espello Deportivo’un referente para moitas personas, “e así no lo fan saber todos os días cas súas mensaxes de ánimo e agradecemento”.

A campiona olímpica durante a súa intervención

Na derradeira conferencia, en Xinzo, a protagonista foi Sofía Toro, de 22 anos, unha regatista do Real Club Náutico de A Coruña. Competiu na modalidade de match race, onde formaba equipo coa patroa Támara Echegoyen e Ángela Pumariega, cos cales se proclamou campioa olímpica nos Xogos de Londres 2012, na modalidade de match race, con barcos da clase Elliott 6 m. Ademais a tripulación, foi campioa de España en 2010 e 2011, así como campioa iberoamericana en 2010 e campioa de Europa en 2011. Na actualidade, a modalidade na que competía Sofía Toro foi suprimida pola organización dos Xogos Olímpicos co cal se viu obrigada a empezar de cero noutra novo modalidade cun barco máis pequeno e cunha nova compañeira adestrando na cidade de Pontevedra.

 

También te puede interesar