Galicia

Piden a retirada da campaña das Xuventudes Socialistas por mofarse dos critiáns

O Observatorio para a Liberdade Relixiosa e de Conciencia (OLRC) denunciou o cartel publicitario de Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) no que aparece unha muller crucificada por considerar que supón «unha falta de respecto cara ás vítimas do aborto e unha mofa cara aos cristiáns».

Esta asociación considera que “non se pode permitir que saia gratis rirse dos cristiáns. O crucifixo é un símbolo sagrado para os crentes desta relixión. Non obstante, os partidos políticos, que deberían velar polo ben común, dedícanse a difundir estas mofas ou a calar ante elas».

Unha voceira do observatorio apuntou, apoiándose no artigo 18 da Declaración Universal de Dereitos Humanos, rubricada por España, no artigo 16 da Constitución Española e no artigo 523 do Código Penal, que con esta campaña «o PSOE está a violar a orde xurídica española mentres o Goberno cala».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.