Galicia

Dende este luns xa podes solicitar cita previa na Axencia Tributaria para que te fagan a declaración

Este luns comeza nas delegacións da Axencia Tributaria o servizo de cita previa para que este organismo confeccione a declaración da renda de 2012 ás personas que o soliciten. Este ano, como novidade, está restrinxido para un maior número de declarantes, en concreto, non poden solicitar este servizo aqueles contribuíntes que teñan máis dun inmoble arrendado, cando o pasado ano o límite eran tres vivendas, e tampouco aqueles que venderan máis de dous bens – accións, inmobles ou outros activos-. Ademais, os contribuíntes con rendementos do traballo superiores a 65.000 € ou con rendementos do capital mobiliario por enriba de 15.000 € tampouco poderán solicitar cita previa.

Para compensar o menor número de contribuíntes aos que se está a dar cita previa, servizo que pode solicitarse ata o próximo 28 de xuño, a Axencia Tributaria ampliou o número de contribuíntes que poden confirmar o borrador  e tamén adiantou ao 24 de abril a presentación da declaración por Internet, unha semana antes respecto á data oficial de inicio da Campaña de Renda, o pasado 6 de maio.

Os contribuíntes que solicitaran cita con Facenda recibirán por ‘sms’ ou por correo electrónico unha mensaxe na que se lles recorda a cita con tres días de anticipación.

A Axencia Tributaria ofrece dende este luns e ata o 1 de xullo o servizo de confección de declaracións da renda mediante a cita previa, que ata o próximo 28 de xuño poden solicitar os contribuíntes a través de Internet ou por teléfono, servizos dispoñibles as 24 horas do día.

 

También te puede interesar