Galicia

A flota galega poderá seguir faenando nas Seychelles

A secretaría xeral de pesca do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente valorou de forma «moi positiva» a renovación do protocolo de aplicación do acordo de pesca entre a Unión Europea e Seychelles porque asegura a continuidade da actividade pesqueira neste país.

O acordo rubricado este venres na capital das illas, terá unha duración de seis anos, o dobre que o protocolo anterior, e ten prevista a súa entrada en vigor en xaneiro de 2014.

Este acordo é o de maior importancia cuantitativa en termos de capturas para a flota atuneira española –a tripulación da cal está composta por numerosos galegos– e supón a continuidade dun partenariado estratéxico da UE en materia pesqueira e, en particular, para a flota española, que leva desenvolvendo a súa actividade neste caladero dende fai xa 30 anos.

O acordo incorpora axudas para as infraestruturas portuarias de Seychelles, fundamentais para a flota española española no Océano Indico, xa que a UE destinará a este protocolo 30 millóns de euros, dos que a metade serán destinadas á mellora destas infraestruturas.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.