Deportes

Katia Calvar e Laura Oubilla, medallistas galegas no Open de españa de Taekwondo

Nun Open de España cun nivel altísimo, Katia Calvar (-57, Mat´s) parecía a máis veterana e competiu cunha tranquilidade incrible e ante as mellores deportistas do mundo. Así, logrou a medalla de ouro no Open de España, de clase A, que se está a celebrar en La Nucia (Alacante). Ademais, Lara Ouviña logrou unha meritoria medalla de bronce.

Katia non tivo nin un chisco de sorte no sorteo: No primeiro combate tocoulle unha turca, feito que podía significar que rematara moi pronto a súa aventura, pero non. Katia logrou superar a Sila Rumeysa Olcek nun combate duro e axustado (5-3). Pero na segunda rolda esperaba unha iraniana, outra rival das máis duras, e novamente Katia amosou unha impresionante seguridade e confianza e gañou nun apertado combate (2-1). No terceiro, tivo un pequeno respiro contra a portuguesa Ana Rita Lopes (11-0), para seguir nesa loita sen tregua contra Ekaterina Kim (Rusia). Eran xa as semifinais e o que estaba en xogo era unha praza na final, polo que a deportista do Mat´s tivo que loitar ata o último segundo (3-2) pero asegurou como mínimo unha medalla de prata.

Claro que xa quería o premio completo, e volveu a sufrir, amosando unha veteranía que non ten, xa que é unha deportista moi nova, aínda que leva anos gañando tanto a nivel galego, coma estatal e incluso internacional. Enfronte tiña a Eva Calvo, que eliminara a campioa olímpica Jade Jones, pero Katia superou o cansanzo e volveu a amosar unha tremenda fortaleza mental para gañar a medalla de ouro no punto de ouro. Sen dúbida, un resultado espectacular para a deportista galega.

A deportista do Natural Sport Riveira Lara Ouviña (-62 quilogramos) acadou a medalla de bronce. E non tivo un percorrido sinxelo a galega: No primeiro combate enfrontouse a Michaela Pinkavova (Bran Bretaña) e logrou un triunfo amplo (7-2) que lle deu confianza cara ao segundo choque no que tivo que loitar contra Leyre de Haro (Valencia). Sen problemas para Lara que dominou de principio a fin (7-0). Na terceira rolda a cousa complicouse e moito, xa que enfronte tiña a Diana Vázquez, do CAR de Barcelona, e Ouviña loitou coma una guerreira para terminar logrando o triunfo no punto de ouro (7-6). E así concretou a súa medalla de bronce.

Na loita por meterse na final non tivo sorte. A semifinal foi contra Marta Calvo (Madrid) e caeu pola mínima (2-1), pero suficiente para cortar o seu percorrido para a final.

Ademais, hai que destacar a actuación de Lúa Piñeiro e Borja Ríos, que estiveron moi preto do bronce. Lúa ía gañando no combate de cuartos (8-5), pero levaba acumulados 7 kiongos, e ao oitavo quedas descualificado. Ao saír dun intento de mongolio (golpe con xiro) caeu e o xuíz cantou kiongo e perdeu o combate pese a ir por diante no marcador.

Pola súa banda, Borja Ríos ía empatado no marcador no seu combate de cuartos, ata o último segundo. Aí o seu rival logrou alcanzalo e quedou a un suspiro da medalla.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.