Vigo al minuto

O Concello e Cogami elaborarán unha nova ordenanza de accesibilidade que controlarán os discapacitados

O Concello elaborará, en colaboración coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), unha ordenanza municipal de accesibilidade que servirá de «modelo para toda España». Así o anunciou este venres en rolda de prensa o alcalde, tras reunirse con responsables de Cogami.

Abel Caballero sinalou que este colectivo solicitou ó Concello que se preste atención á promoción do emprego para persoas discapacitadas, para o que se elaborará un «proxecto conxunto».

Así mesmo, traballarase na redacción dunha ordenanza de accesibilidade na que se recollan os criterios que deben cumprir nese ámbito os edificios públicos e privados, así como outros espazos na cidade. «Xa temos uns requisitos bastante esixentes, pero imos darlle forma a esta ordenanza», sinalou o alcalde, quen subliñou que serán os propios usuarios con discapacidade os que informarán ao Concello do cumprimento da ordenanza.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.