Vigo al minuto

O Bloque denuncia que a Xunta pechará camas de xinecología en Vigo todo o verán

Eso aseguraron, este martes, a  deputada autonómica do BNG Carme Adán e a voceira municipal nacionalista en Vigo, Iolanda Veloso. As dúas salientaron en rolda de prensa que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS),  pechará as camas da planta de Xinecoloxía do Hospital Xeral, do Meixoeiro e o Nicolás Peña durante os meses de xullo, agosto e setembro.

Adán subliñou que esa foi a información que lles deu aos sindicatos do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) o seu novo xerente quen, dixo a deputada, xustificou a medida polo feito de que non se vai a sustituir ao personal que está de vacacións esos meses.

A responsable do BNG calificou o feito de “increíble” tendo en conta a losta de espera que hai en Vigo e que esta segue medrando. Polo que atingue a este tema, Carme Adán denunciou que a demora media nos hospitais vigueses, que é de 87,1 días a 31 de marzo, «aumentou en 18 días» en relación á que había 31 de decembro de 2012. Sobre o caso concreto de xinecoloxía, mantivo que o tempo de espera tamén subiu, ao pasar de 49,8 a 63,4 días de media.

A deputada nacionalista avanzou que o BNG xa presentou unha proposición non de lei para que a Xunta realice todas as substitucións necesarias co fin de que non se produza o peche de camas de xinecoloxía, “se cadra a Xunta cree que as viguesas non enferman en verán”, indicou.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.