A conselleira do Mar esixe explicacións a Francia polo falso caso dos mexilóns galegos

A conselleira de Medio Rural e do Mar esixiu este venres explicacións a Francia, a quen acusou de querer «tapar as súas carencias a custa das virtudes dun dos mellores centros do mundo» en materia de control da calidade das augas, o Intecmar. Rosa Quintana acusou ás autoridades galas de tentar danar a imaxe «dun dos sectores máis responsables de Europa», por o da produción e extracción de mexillón en Galicia.

Na súa intervención no almorzo informativo ‘Fórum Europa. Tribuna Galicia’, Quintana lembrou que, como quedou comprobado a través da rede europea de alertas sanitarias, finalmente, e en contra do que comunicaron publicamente os ministerios de Agricultura e Sanidade franceses, o mexilón que provocou varios casos de gastroenterite naquel país, foi tratado en depuradoras do mesmo.

A conselleira subliñou que o sector galego, o que «non quere para si, tampouco o quere para ninguén» e calificou ao sistema de control sanitario de Galicia como «paradigma con maiúsculas dentro da Unión Europea». Quintana engadiu que o Intecmar “é un centro ao que poñen de exemplo en Europa e ao que veñen do resto dos Estados membro a aprender, e falo de falo de irlandeses, de portugueses, de turcos, de italianos, de ingleses, de alemán… e, por suposto, falo de franceses», concluiu.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.