Vigo al minuto

Centos de personas secundan a mobilización dos traballadores de Unísono

Arredor de 700 persoas participaron hoxe na manifestación convocada pola CIG para rexeitar os plans de Unísono de deslocalizar 97 empregos de Vigo a Madrid, mobilización coa que se puxo fin á campada iniciada diante da empresa a noite anterior. Ao mesmo tempo, dende a central nacionalista cifran nun 70% o seguimento da xornada de folga convocada na compañía de telemárketing.

A marcha, que forma parte dunha serie de mobilizacións para enfrontar a destrución imparábel de emprego no sector, partiu pasadas as 8 da tarde na Gran Vía e rematou diante do edificio da Xunta, onde se deu lectura a un manifesto que recolle as principais demandas das traballadoras/es.

Unha faixa na que se podía ler “Unísono en loita. Traballo digno no telemárketing. Abonda de recortes, despedimentos e temporalidade” abría unha manifestación que percorreu en ton reivindicativo e festivo as principais rúas do centro da cidade.

 

También te puede interesar