Vigo al minuto

Rubalcaba di ‘non’ ao sistema proposto polos socialistas galegos para que os militantes elixan ao seu secretario xeral

Non se sabe se no Partido dos Socialistas de Galicia haberá primarias para elixir ao vindeiro secretario xeral, se haberá que botar un chchimoni ou xogalo a cara e cruz. O líder estatal, Alfredo Pérez Rubalcaba e o secretario xeral sainte do PSdG,  Pachi Vázquez, non chegaron a un acordo no formato da consulta que, en principio, está prevista para o vindeiro 6 de xuño.

Segundo os socialistas galegos,o desacordo está na proposta de Vázquez de engadir dúas preguntas no congreso: unha sobre o nome do secretario xeral e outra sobre  os  delegados elixidos para representar aos militantes. Deste xeito, ao seu xuizo, daríase unha resposta ao aprobado no pasado Comité Nacional, co respaldo de máis do 90% dos membros deste órgano, de que todos os militantes poideran, co seu voto, elixir ao vindeiro líder dos socialistas galegos…algo que debería ser o normal nun partido que asegura ser democrático.

Pero parece ser que a Pérez Rubalcaba este sistema non lle gusta, se cadra porque se consinte este sistema en Galicia é posible que parte dos socialistas pidan que o mesmo se aplique, temén, á elección do vindeiro candidato do PSOE á Presidencia do Goberno.

 

También te puede interesar