Vigo al minuto

As Cíes, a estudo por guías e informador@s turístic@s

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG) acollerá, os próximos días 26 e 27, a VIII edición das xornadas formativas para guías e informadores turísticos. O curso dará a coñecer aos profesionais relacionados co sector os valores naturais e culturais do Parque.

Esta acción formativa, que se ven a realizar de xeito consecutivo dende o ano 2006, ten coma finalidade proporcionar aos participantes ferramentas e recursos que lles permitan informar aos potenciais visitantes do Parque, dunha forma clara e precisa, sobre os servizos, normativa ou xestión do mesmo. De este xeito poderán propoñer suxestións e actuacións de mellora no espazo, especialmente nos aspectos relacionados coa súa área de traballo, para que os visitantes poidan aproveitar a súa visita e contribuír na conservación do Parque Nacional.

Coordinadas por José Antonio Fernández Bouzas, director conservador do Parque Nacional das Illas Atlánticas, promoverán unha visión integral da rede de espazos naturais de Parques Nacionais españois e galegos. Ademais se transmitirá a necesidade de protección dos valores dos espazos naturais protexidos, e a importancia da labor do Parque na transmisión de dichas premisas aos visitantes.

Contidos das xornadas

As xornadas constan de dous partes principais, unha teórica, que se realizará o venres 26 de abril no salón de actos do Centro de Visitantes do Parque Nacional (Edificio Cambón, Rúa Oliva, 3, Casco vello, Vigo), e outra de carácter práctico que consistirá na visita a un dos arquipélagos do Parque Nacional.

No primeiro día os participantes, coñecerán o papel dos informadores turísticos na divulgación dos valores do espazo protexido, e os recursos e materiais de apoio para mellorar a información se dita divulgación.

Para conseguilo se ensinará o entorno do Parque Nacional das Illas Atlánticas a través da súa historia, patrimonio cultural, normativa vixente, e características coma a composición do mesmo, medio físico, fondos mariños, flora e fauna terrestre. Ademais darase a coñecer o uso público no Parque, o seu funcionamento e turismo.

A parte teórica das xornadas completaranse cunha visita o sábado 27 de abril a o arquipélago das Illas Cíes, co obxecto de contrastar de xeito práctico e participativo os contidos tratados no día anterior, a través dunha ruta guiada e de actividades en grupo.

Proceso de inscrición

Destinadas a técnicos, informadores e guías turísticos -que non teñan participado en ningunha das anteriores edicións destas xornadas nin no curso de formación de guías do Parque Nacional-, contan cun máximo de 65 prazas. No caso de que o número de solicitudes supere a demanda ofertada, realizarase unha selección en base a relación entre o traballo actual do solicitante coa temática das xornadas, a súa profesión, estudos académicos e a orde de chegada de solicitudes. Toda a información relativa ás xornadas e máis o formulario de solicitude pode descargarse premendo aquí.

 

También te puede interesar