RGPD - Cookies
Galicia

O mexilón que saiu de Galicia era apto para o consumo e foi mal depurado en Francia

A Xunta insiste en que Galicia cumpriu estritamente cos controis de biotoxinas mariñas e coa trazabilidade do mexillón no episodio de biotoxinas que provocou o peche de varios polígonos de bateas a partir do 2 de abril.

Sanidade remitiu os informes pertinentes sobre a orixe, a trazabilidade e os controis levados a cabo nas zonas de produción dos lotes presuntamente implicados na alerta sanitaria de Francia, que inclúen as análises levadas a cabo polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar). Unha vez remitidos os documentos de rexistro que amparaban a mercadoría que supostamente provocou intoxicacións no país galo, compróbase que ditos documentos se corresponden con depuradoras radicadas fóra  de Galicia.

Esta información corrobora que Galicia cumpriu estritamente coa trazabilidade do produto e cos controis levados a cabo nas zonas de produción dos lotes supostamente implicados. De feito o 2 de abril o Intecmar, realizou peches cautelares de polígonos de bateas en base aos recontos de fitoplancton tóxico antes de ter os resultados de biotoxinas. A confirmación das análises do día seguinte ratificou os peches destas zonas de produción. Toda esta información é pública e está dispoñible na web do Intecmar.

Sanidades alienta que este caso, da información que subministra Francia sobre os lotes de mexillón derívanse dúas liñas de investigación. “Unha, cuxos documentos de rexistro son dunha depuradora de fóra da nosa comunidade e que, cotexados os datos cos documentos de rexistro emitidos en Galicia, se observan serias discrepancias na súa concordancia”. Esta información da depuradora non garante que non se mesturasen partidas de mexillón de varios orixes ou de datas de extracción diferentes nos envíos efectuados a Francia. Cabe sinalar que o responsable, en todo caso, é quen pon o produto no mercado, neste caso da depuradora, máxime cando está a emitir os seus propios documentos de rexistro para amparar o produto.

Esta depuradora recibe mexillón extraído o día 1 de abril de Galicia, o 2 realízanse peches cautelares e a partir de aí os operadores e intermediarios deben manter unha comunicación constante entre si e consultar a información –dispoñible a tempo real na web do Intecmar– que se pon á súa disposición por parte das autoridades. “De feito, a raíz dos peches cautelares en Galicia producíronse arredor dunha ducia de devolucións de mexillón que xa fora expedido, incluso algún procedente de Francia, polo tanto non se entende porque este establecemento depurador situado noutra comunidade autónoma non seguiu este procedemento”.

A outra liña de investigación ten como destino dúas instalacións depuradoras en Francia e onde o mexillón remitido dende Galicia vai para ser depurado alí, polo que a responsabilidade é dos propios centros de depuración galos.

“Esta información corrobora que en Galicia o sistema de control de biotoxinas funcionou perfectamente en todos os casos. Por iso non se entende que houbera problemas neste caso cando nestas datas tamén se expediu mexillón galego na Península Ibérica, Italia e outros lugares de Francia sen ningún tipo de problema no seu consumo”.

 

También te puede interesar