Galicia

O BNG defende este martes no Congreso unha proposición para eliminar as deputacións

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, defenderá no pleno deste martes unha proposición de lei na que o Bloque pide a modificación da normativa sobre Bases de Réxime Local para acometer a eliminación das deputacións provinciais.

A deputada nacionalista salientará que trátanse de “organismos ineficaces e que duplican a administración”, e pedirá que se modifique a lei para que sexan as comunidades autónomas as que asuman as competencias das deputacións.

“A Nosa iniciativa é un paso intermedio que posibilitará o traslado da maioría de funcións e servizos das corporacións provinciais a outras administracións, locais ou autonómicas,”, explica Rosana Pérez.

Todo iso, co fin de “posibilitar maiores niveis de eficacia” na acción administrativa e un uso racional de recursos “sobre todo nestes tempos de crise cunha mingua moi importante do financiamento nos concellos e nas comunidades autónomas”.

 

También te puede interesar