RGPD - Cookies
Galicia

Os bancos accederon a 227 dacións en pago o ano pasado, menos dun 14% do total de execucións hipotecarias

As entidades financeiras concederon un total de 227 dacións en pagamento sobre vivendas en Galicia en 2012, o que representa apenas un 14% das 1.660 execucións hipotecarias iniciadas nese mesmo ano. Segundo os datos procedentes do Rexistro da Propiedade, en todo o Estado se concederon 14.229 dacións en pagamento sobre vivenda en 2012, o que supuxo unha quinta parte das execucións hipotecarias iniciadas e un 36,5% das adxudicacións finalmente inscritas.

Os datos amosan que o 80,4% destas se realizaron sobre vivendas habituais e que a maior parte, o 61,2%, beneficiaron a propietarios españois, fronte ao 38,7%, que eran estranxeiros. No caso de Galicia, en torno ao 81% das dacións foron sobre vivenda habitual.

Dacordo co estudo, realizado polo Colexio de Rexistradores, durante o pasado ano se expediron 65.778 certificacións de inicio de execución hipotecaria sobre vivenda, o equivalente ao 24% das 274.583 hipotecas constituídas no mesmo período, como corroboran os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

Por outro lado, o 74,7% das execucións hipotecarias iniciadas corresponderon a primeiras vivendas e o 75,5% foron procesos abertos correspondentes a propietarios españois e o resto a estranxeiros. Entre estos últimos os que tiveron maior peso foron os ecuatorianos (5,7%), marroquís (3,7%), británicos (2,1%) e romaneses (1,6%).

Por outro lado, o pasado ano materializáronse 38.976 adxudicacións hipotecarias, o que supón case o 60% dos procesos iniciados, das que o 77% destas adxudicacións corresponderon a primeiras vivendas. Neste caso, o 63,1% correspondían a vivendas de cidadáns españois.

No caso de Galicia, remataron en execución 864 procesos, o que representa algo máis do 53% do total dos que se iniciaron durante 2012.

 

También te puede interesar