Vigo al minuto

O Concello de Vigo pon en marcha o servizo de orientación e apoio a mulleres desempregadas

Segundo informa hoxe a web do Concello de Vigo, xa está operativo o  servizo dirixido a mulleres adultas empadroadas en Vigo, con especiais dificultades de inserción laboral e que busquen apoio e orientación na procura dun emprego.

Os obxectivos do plan busca apoiar e acompañar ás mulleres con dificultades de inserción laboral, ase coma individualizar as necesidades especiais das mulleres en situación de pobreza ou en risco de exclusión social, ofrecéndolles titorías individuais.

Tamén trata de propiciar a creación de redes de mulleres como factor de sinerxia que favorece a comunicación, o intercambio de experiencias e o apoio no camiño da inserción laboral.

O consistorio destaca a importancia de ofertar un espazo físico con recursos materiais e ferramentas informáticas necesarias para apoiar a busca de emprego, ademáis de respaldar a creación e titorización dun club de emprego integrado por mulleres desempregadas, que organicen de maneira autónoma, activa, planificada e sistemática a súa procura de emprego.

As mulleres interesadas poden contactar coa Concellería de Igualdade, na primeira planta do Concello, ou ben a través do 986 810 284, en horario de 8:00 horas a 14:00 horas.

También te puede interesar