Comarcas

A charla ‘Un paseo polo Sáhara’, este venres en Salceda de Caselas

Imagen de la sala de exposiciones

O Concello de Salceda de Caselas vai a realizar unha xornadade charla-coloquio o vindeiro venres, día 12, ás 20:00 na Sala de Exposicións da Casa da Cultura. A xornada centrarase no traballo realizado por diferentes xóvenes no Sáhara en diferentes proxectosde cooperación, onde comentarán a súa experiencia nestes proxectos e as súas experienciaspersoais, así coma as relacións establecidas cos nativos do lugar.

Segundo informa hoxe o Consistorio, a finalidade da charla, é coñecer un pouco máis a laboura dos xoves dentro da cooperacióninternacional, e tamén as eivas que teñen que solucionar para levar a cabo os Proxectos decooperación.

Ademáis da charla proxectarase un documental do Sáhara que leva como nome ‘Retrato en losconfines del Mundo: Los hijos del Sáhara’ que fai unha reportaxe sobre a situación actual dos refuxiados saharauis que están dende o 1975 nos campamentos de Tinduf, en Argelia.

Dende o Concello de Salceda quérese facer un chamamento a todas as persoas que queiran coñecerun pouco máis a situación do Sáhara, e que poidan participar nun coloquio realizando as cuestiónsque crean necesarias a aclarar.

 

También te puede interesar