Galicia

O Parlamento Europeo debatirá a denuncia das plataformas de afectados polas Preferentes o vindeiro día 24

A Comisión de Peticións do Parlamento europeo debaterá o próximo 24 de abril a denuncia presentada polas plataformas de afectados por preferentes, a través do eurodeputado de IU, Willy Meyer, segundo informou, este venres, en rolda de prnsa, vicevoceira de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) no Parlamento de Galicia.

Yolanda Díaz esixiu tamén ao presidente da Xunta que “faga algo” para que os afectados recuperen os seus aforros e, sobre a denuncia ante a Comisión de Peticións, Díaz asegurou que comparecerán afectados das plataformas para expoñer a súa situación ante o que cualificou como unha “estafa e unha indecencia”. Por iso, pediu que se devolvan “todos e cada un dos seus euros” aos afectados, unha cantidade que cualificou de “irrisoria en comparación coa estafa dos bancos”.

Precisamente, este venres, preto dun cento de aforradores recibiron, no medio dun despliegue policial semellante ao que o ‘protexeu’ o pasado mércores no Museo do Mar de Vigo e unha semana antes no Parador de Baiona,  a Alberto Núñez Feijóo en Mondariz Balneario, á chegada ao acto de celebración do 35 aniversario Asociación de Industriales Metalúrxicos de Galicia (Asime).

 

También te puede interesar