Comarcas

Máis dun cento de persoas na andaina Rego da Pedra en Tui

Un momento das explicacións da ruta

Esta fin de semana realizouse a segunda andaina do Circuíto de Andainas Saudables Eurocidade 2013, Rego da Pedra, na que 110 persoas gozaron dun percorrido guiado polo Monte Aloia, no municipio tudense.

Así o informa o Concello de Tui que lembra que aínda que o tempo non acompañaba e que era domingo de Pascua, ás 10:00 horas concentráronse ao carón da casa forestal do Monte Aloia os participantes nesta segunda andaina saudable, que tras recibir o avituallamento e selar o pasaporte, iniciaron o percorrido baixo unha intensa choiva.

No percorrido os camiñantes puideron gozar do Rego da Pedra, da fervenza na parroquia de Frinxo, dunha das acacias máis grandes de Europa, así como da senda botánica.

A seguinte andaina saudable Trilho entre Mosteiros realizarase o vindeiro sábado 13 de abril, en Valença, sendo o punto de encontro ás 10:00 horas españolas na Igrexa matriz de Ganfei ou ás 09:50 horas no aparcamento do Lidl de Valença.

También te puede interesar