Vigo al minuto

Vigo rende homenaxe, dous séculos despois, aos heroes da Reconquista

De novo, lembrando que Vigo foi a primeira cidade do Estado que rexeitou a invasión francesa hai máis de dous séculos, o alcalde fixo este mediodía a ofrenda floral a Chamuiña, e aos heroes que combateron a ocupación napoleónica, na Praza da Independencia.

Abel Caballero deu lectura ao bando da Reconquista, redactado por Carmen Navarro, directora do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo, no que salientou que “xa non loitamos contra Napoleón ou o coronel Chalot, pero sí debemos facer fronte á realidade complexa do noso tempo”. En esa realidade influe a “profunda crise económica, a incerteza política, onde ás veces parece que perigan as consecucións democráticas que tanto nos costou obter”.

Fronte a esto, “temos que seguir loitando polas cousas fundamentais, polas que temos loitado e que son xustas: máis oportunidades para todos nós, máis educación ao alcance de todos, gratuita e non para elites, mellor calidade de sanidade, gratuita e para todos. Por tanto, , cidadáns, celebremos a festa da Reconquista, pero reflexionesmos sobre nós, sobre os nosos dereitos e loitemos por eles, tamén!”

Ao remate da lectura do pregón, o alcalde depositou unha coroa ao pé do monumento aos ‘libertadores’ de Vigo, mentras soaba o himno galego e antes de que dese comezo a actuación da Escola de danza da cidade e logo da actuación da Banda Musical de Valadares.

 

También te puede interesar