Vigo al minuto

O Concello destinará 900.000 € a reparacións de centros de Infantil e Primaria

O Goberno local aprobou o procedemento para a xestión directa polos consellos escolares de mantemento ordinario dos centros públicos de educación infantil e primaria de Vigo. A  Xunta de Goberno local autorizou un gasto de 285.304 € para que os directores dos centros para que poidan acometer obras de mantemento, conservación, reparación e seguridade nas instalacións. Ademáis, o Concello aporta outros 600.000 € para obras que realiza directamente a administración local, o pago da electricidade e o gasóleo, así como a limpeza dos centros. A esta aportación municipal hai que engadir 1.7 millón en bolsas de comedor e 1,1 millóns para bolsas de inglés.

Asimesmo, a Xunta de Goberno deu luz verde tamén aos proxectos de colaboración cos clubs de élite AMFIV e Vigo Rugby Club, de 35.000 e 30.000 €, respectivamente. Unha cifra que se enmarca dentro da colaboración municipal con distintos equipos de élite da cidade e á que se suman 600.000 € para apoiar ao deporte de base. Tamén se aprobou, un convenio de 25.000 € con Acopovi (Asociación de Corais Polifónicas de Vigo) para a organización de ‘Vigo, un mar de corais’ para o ano 2013.

 

También te puede interesar