RGPD - Cookies
Vigo al día

Nove vigueses máis xa son Distinguidos

Os vigueses que este ano mereceron a distinción da cidade, foron homeaxeados este mércores nun Centro Cultural Novacaixagalicia que vestiuse de gala e onde sonou a música de Johann Sebastian Bach, Haydn e  o clásico de John Lennon y Paul McCartney, Yesterday.

Este 2013, Vigo recoñeceu a laboura  do profesor Anton Piñeiro Lorenzo, do xuiz Antonio Romero Lorenzo, do poeta lucense, vigués de adopción, Carlos Oroza Fernandez, do Colexio Compañia de Maria, da Federación de Asociacions Veciñais “ Eduardo Chao”, do científico e internacionalmente coñecido otorrinolaringólogo, Gumersindo Espiña Campos e da Sociedade Cultural Deportiva Atlantida Matama.

O alcalde, no acto de entrega dos galardóns, que nesta ocasión sinalaron coma Medalla da cidade á Agrupación Local da Asociación Española contra o Cancro, apelou por aunar esforzos e entablar alianzas para acadar emprego, atención social, economía, industria e benestar.

Abel Caballero sinalou que había que facelo levantando a voz “contra os recortes, a depresión económica, as rebaixas na sanidade pública, na educación, contra os que atentan contra os dereitos dos traballadores, contra os que se apoderan dos aforros das familias. Queremos levantar a voz contra os desafiuzamentos que condenan a familias desgraciadas polo desemprego, que quedan na rúa”,

 

También te puede interesar