RGPD - Cookies
Galicia

830.000 desplazamentos polas estradas galegas dende hoxe ate o domingo

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) prevé máis de 830.000 desprazamentos polas estradas galegas dende este mércores, día 27, día de inicio da segunda fase da operación especial de Semana Santa, que empeza hoxe ás 3 da tarde e durará ate 1 de abril as 12 da noite. No marco de toda a operación especial, que comezou o pasado venres 22, a DGT prevé uns 1.430.000 desprazamentos na rede viaria galega,

As estradas da comunidade nas que espera maior intensidade de tráfico serán a autoestrada AP-9; as autovías A-6, A-52 e A-55; e as nacionais N-550 e N-634. Ademais, a DGT sinala vinte puntos conflitivos, nove deles na provincia de A Coruña: AC-12 e AC-11 nos accesos á cidade herculina; AG-11 dende Ribeira a Padrón; N-550; N-651; AP-9; A-6, AC-552 na glorieta de A Grela e AC-173 nas rotondas de Santa Cristina, Santa Cruz e Bastiagueiro.

Na provincia de Pontevedra os puntos conflitivos prevense na A-55 –Vigo-Tui–, A-52 –límite da provincia Ourense-Porriño–, N-550 –Pontecesures-Tui– e N-640 –Vegadeo-Vilagarcía de Arousa–, mentres que en Lugo estarán na N-640, N-634 e LU-704; e na de Ourense na N-120, N-525 e OU-540.

 

También te puede interesar