RGPD - Cookies
Galicia

O Seis do Nadal organiza os torneos cadete e infantil de baloncesto ’30 anos con deporte base’

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organiza a Sexta Edición do Torneo Internacional Cadete 2013, e quinta da categoría Infantil, «30 Anos co Deporte Base». Despois do gran éxito e acollida das edicións anteriores, repetirase esta iniciativa os días 29, 30 e 31 de marzo do 2013, nesta tempada na que o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia celebra o seu trinta aniversario.

Nos últimos días das vacacións de Semana Santa, o 29, 30 e 31 de marzo do 2013, as instalacións e pistas dos Pavillóns Municipais de Navia e Bouzas, reunirán a un total de 18 equipos de categoría cadete con máis de 250 deportistas e 40 técnicos.

O 6º Torneo Internacional Cadete 2013 contará con tres categorías diferentes. O venres día 29 de marzo disputarase o torneo de categoría Cadete Masculina Serie «B», o sábado 30 será o turno da categoría Cadete Feminina, e clausurará o torneo a categoría Cadete Masculina Seire «A» o domingo día 31 de marzo.

Nesta nova edición participarán os equipos do club anfitrión Seis do Nadal Coia (Vigo), os combinados galegos do COB (Ourense), Marín Peixegalego (Marín), Col. Salesianos (Vigo), Carmelitas Vedruna (Ourense), CB O Meco (O Grove), Porriño Baloncesto Base (O Porriño), Pío XII (Santiago Compostela), Liceo Casino (Vilagarcía de Arousa), Ferrol CB (Ferrol), Arxil (Pontevedra), CB Baiona (Baiona); os equipos portugueses do FC Porto (Porto), Grupo Desportivo Básquet de Leça (Porto) e CPN Basquetebol (Porto); e o conxunto de Castela e León, o Maristas Club Baloncesto (Valladolid).

Os equipos masculinos do GDBL Leça e Marín Peixegalego así como o combinado feminino do Grupo Desportivo Gafanha, vencedores do Torneo de Semana Santa da tempada pasada, terán neste novo ano tres sucesores que defenderán o título de campións do 6º Torneo Internacional Cadete 2013.

O torneo Infantil contará con tres categorías diferentes. O venres 29 de marzo disputarase o torneo de categoría Infantil Masculina Serie «Autoescuela Coya», o sábado día 30 será o turno da categoría Infantil Feminina Serie «Decomar», pechando o evento a categoría Infantil Masculina Serie «Golosinas Meloso» o domingo día 31 de marzo.

Os combinados infantís que participarán no torneo serán os equipos do Seis do Nadal (Vigo), Compañía de María (Santiago de Compostela), Básket Base Club (Vilagarcía de Arousa), CB Airexa Nigrán (Nigrán), Eduardo Blanco Amor (Ourense), CB O Meco (O Grove) e o equipo luso do CPN Basquetebol (Porto).

Os combinados masculinos do Grupo Desportivo Gafanha e Carmelitas Ourense así como o conxunto feminino do Seis do Nadal Coia, vencedores do Torneo Infantil de Semana Santa da tempada pasada, terán nesta nova edición tres sucesores que defenderán o título.

 

También te puede interesar