RGPD - Cookies
Vigo al día

Afectados polas Preferentes logran suspender os plenos de Gondomar, As Neves e Salvaterra

Un dos afectados diríxese aos concelleiros de Salvaterra

Ao redor de de douscentos Afectados pola compra de Preferentes pertencentes a varias plataformas obrigaron a suspender, este luns, os plenos de Gondomar, As Neves e Salvaterra, nos que volveron a esixir que lles devolvan “todos os nosos cartos”, rexeitaron a ‘quita’, que “segundo soubemos onte vai superar o 50%, tendo en conta a que vai a aplicar o FROB a eses bonos ou accións que nos ofrecen coma pago”, e a pedir aos alcaldes e concelleiros do Partido Popular que se puxesen do seu lado e “en contra das directrices do PP”.

Gondomar

Pleno en Gondomar, minutos antes de que se suspendiese

En Gondomar, o Pleno, que foi convocado para tratar a situación dos aforradores, e no que o peche no Concello achégase aos tres meses, un grupo de afectados rexeitaron a celebración do mesmo sinalando que ao convocarse ás 9 e media da mañán “moita xente non pode estar”, ao tempo que acusaron al alcalde, Fernando Guitián, de convocar a reunión da Corporación “pola mañá, cedo, e non pola tarde para facelo coincidir con outros plenos e evitar que hubese máis xente”.

As Neves

Afectados por las Preferentes en As Neves

En As Neves, coma xa fixeran hai dúas semanas, volveron a pedir ao equipo de goberno, encabezado polo Raúl Emilio Castro, que apoiase ao veciños, “que é a súa obriga” e que presionase aos responsables do Partido Popular para que se fagan oír na Xunta e no Goberno para que dende estes organismos “se decida que nos paguen o que é noso e non consintan e miren para outro lado mentras nos rouban o que gañamos traballando toda a vida”.

Castro, ainda que repetiu que estaba ao lado dos afectados, asegurou que faría por eles o que estivese na súa man, pero dende o seu cargo e dentro do Partido Popular, polo cal presentouse ás Eleccións Municipais. A oposición, PSOE e BNG, acusou ao rexidor de “non ter ningunha humanidade, cercanía, comprensión ao afecto cos afectados, moitos dos cales están vivindo situacións extremas, con uns problemas económicos que puxeron a familias enteiras ao límite”.

En Salvaterra os concelleiros estaban separados dos afectados por una liña policial

Salvaterra

O grupo máis numeroso de aforradores presentouse no Concello de Salvaterra, onde se convocara un pleno ordinario para as 10 da mañán. Entre medidas de seguridade reforzadas pola Garda Civil, quen desplazou ate sete coches e ao redor de vinte efectivos, e dende detrás dunha ‘barreira’, colocada uns catro metros por diante dos asentos dos concelleiros e protexida por efectivos da Policía Local, o portavoz da Plataforma de afectados do Baixo Miño, pediu aos representantes municipais que se cambiaran á carón dos afectados. O chamamento foi atendido polos edis do BNG e do PSOE, pero non así polos do Partido Popular que, por boca do alcalde, decidiron seguir nos seus asentos.

Arturo Grandal, alcalde de Salvaterra

Arturo Grandal, sinalou que “o PP non é o causante desta situación, ainda que sí vai ser o que a arranxe”, e que animou aos afectados a presionar “tamén nos concellos gobernados polo PSOE que, non o esquenzades, é do mesmo partido que o comisario europeo da Competencia Joaquín Almunia”. Ademáis salientou que dende os concellos “ben pouco podemos facer” e, como xa fixera o alcalde de As Neves, amosouse disposto a axudar aos afectados “dende o meu posto na Alcaldía”, rexeitando tomar a mesma determinación que o máximo rexidor de Oia, quen está disposto a deixar o Partido Popular e pasarse ao grupo mixto.

Afectados diante da entrada á Alcaldía de Salvaterra

Finalmente, ante as protestas, en todo momento pacíficas, e que non pasaron de berros e interpelacións, coma a que fixo un dos afectados pedíndolle que pensase nos veciños, “non teñen humanidade, non ven que quérenos quitar todo o que gañamos traballando como cabróns?!”o alcalde decidiu  a suspender a sesión. A continuación, acompañado polos concelleiros do seu goberno saiu por unha porta lateral do Salón de Plenos e, minutos despois, abandonou o Concello polo garaxe. Os afectados permaneceron nas dependencias municipais durante unha hora máis, facendo sonar as bucinas, chegando ás oficinas da Alcaldía, que estaban baleiras.

Un axente da Policía Local trata de evitar a entrada dos afectados ao antedespacho do alcalde

O voceiro da Plataforma de Afectados do Baixo Miño, Xulio Vicente, adiantou que se manterán as protestas e que acudirán a máis plenos e a outros actos como a Festa do Requeixo de As Neves, “agardamos que se impoña o sentido común e non se faga efectiva quíta, que non enganen e que deixen de gañar tempo, que iso é o que están a facer, ademáis de apoiar un roubo a aforradores que deixaron todos os seus cartos gañados ao longo dunha vida de traballo e sacrificios”.

 

También te puede interesar