Comarcas

70 persoas acceden ás plazas dispoñibles en Tomiño para sacar o graduado na ESO

Máis dun centenar de persoas de diferentes idades e niveis formativos, presentáronse coma candidatos para realizar os cursos preparatorios para a obtención do título de Graduado en ESO, por libre, probas de acceso aos ciclos medios de formación profesional ou probas de competencias clave da Consellería de Traballo e Benestar.

Segundo informou hoxe fontes do Concello de Tomiño, das máis de cen persoas interesadas en facer os cursos de adultos, 70 foron aceptadas tras un proceso selectivo.

Cincuenta delas comezaron xa o curso para a obtención do Graduado da ESO, repartidos en dúas quendas de 25 persoas cada unha, no edificio da antiga Escola Obradoiro (Goián). As outras 20, asisten ás clases preparatorias para as probas de acceso a ciclos medios de formación profesional.

Entre os numerosos aspirantes, de entre 16 e 58 anos, a maioría ten algún dos primeiros cursos da ESO ou a antiga Ensinanza Xeral Básica (EXB) realizada, mentres que tamén hai varias persoas sen estudos.

Outros datos de interese son que maioría dos alumnos e alumnas están no paro na actualidade, con máis ou menos antigüidade, e máis da metade ten cargas familiares. Estes criterios foron tidos en conta á hora de seleccionar aos aspirantes o mesmo que o nivel de ingresos na unidade familiar ou a existencia de hipotecas, entre outros.

Asemade, na organización dos cursos de adultos foi tido en conta o nivel de estudos das persoas desempregadas, constatando que da poboación desempregada de Tomiño, case a metade carece de titulación académica algunha; o 32% ten o graduado escolar ou graduado en ESO; 12% formación Profesional; 5% bachelarato e 4% titulación universitaria.

Por outra banda, segundo os datos do padrón municipal, dos 13.924 habitantes tomiñeses, 36% non teñen estudos; un 26% titulación inferior ao Graduado Escolar; un 18% titulación dos antigos BUP ou COU; 15% titulación da ESO; 3% licenciatura universitaria e 2% diplomaturas.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, lembra o compromiso do seu equipo de fomentar a formación da veciñanza e salienta a importancia de reflexionar sobre “a importancia que ten a educación na sociedade”, sinala a rexedora, preocupada por mellorar o rendemento académico dos estudantes e a súa futura empregabilidade.

También te puede interesar