Vigo al minuto

Alumn@s do CEIP Igrexa-Candeán prantan exemplares no Día Mundial da Árbore

O inicio da prantación dos árbores foi esta mañá

Un total de 15 alumn@s do CEIP Igrexa-Candeán foron os elixidos hoxe para acompañar ao alcalde vigués, Abala Caballero, no Día Mundial da Árbore. Tod@s achegáronse ata Navia onde se prantaron 60 árbores de 4 especies distintas: jacaranda, tilos, acer e peral ornamental.

Esta iniciativa enmárcase dentro das actividades organizadas polo Concello con motivo de dita celebración que incluíu a prantación doutras 70 unidades no Parque Forestal do Vixiador, coa colaboración da Comunidade de Montes.

Durante o acto, cada escolar prantou dous exemplares e recibiu información sobre as especies, ademais de levarse unha camelia como agasallo.

También te puede interesar