Vigo al minuto

A Xunta Local da Asociación contra o Cáncro, medalla da cidade 2013

En xunta de voceiros, os tres partidos políticos con representación no Concello acordaron este mércores a concesión da Medalla da Cidade e dos Vigueses Distinguidos deste ano, galardonando coa máxima distinción á Xunta Local da Asociación Española contra o Cáncro. A gala de entrega terá lugar o próximo mércores, 27 de marzo, ás 20 horas.

Os galardoados este ano coma Vigueses Distinguidos son o poeta lucense, veciño da cidade, Carlos Oroza, o maxistrado Antonio Romero Lorenzo, o doutor Gumersindo Espiña Campos, o colexio Compañía de María, o profesor Antón Piñeiro Lorenzo, a Federación de Asociacións Veciñais (FAVEC) e a Sociedade Deportiva Atlántida de Matamá.

Sobre a concesión da Medalla, o alcalde explicou que «queremos facer presente o empeño do pleno desta cidade, dos 27 concelleiros e concelleiras encabezados en designar  á Xunta Local de Vigo da Asociación contra o Cáncro polo seu apoio permanente ás persoas afectadas por esta enfermidade, durante tantos anos e en todos os lugares».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.