RGPD - Cookies
Galicia

O PIB galego caerá este ano e o paro chegará ao 22%

O Produto Interior Bruto galego pechará o actual exercicio 2013 cunha caída do 0,8% e volverá medrar, un 1,2%, en 2014, segundo as estimacións do último número da revista ‘Situación Galicia’ do BBVA.

O economista xefe de Economías Desenvolvidas de BBVA Research, Rafael Doménech, presentou hoxe este informe que, no apartado do paro, calcula que este ano a taxa chegará ao seu máximo histórico, tamén en Galicia, onde quedará por debaixo do 22%, unha porcentaxe que “podería” baixar o ano que ven.

Desta forma, a economía galega manterá un diferencial de tres décimas este ano con respecto á do conxunto do Estado, onde as previsións do BBVA fixan o descenso no 1,1%, e a diferenza será dunha soa décima o ano que vén , cun incremento do 1,1% para a media. En canto ao número de desempregados, a porcentaxe en Galicia, segundo o estudio do BBVA, manterase cinco puntos por debaixo do conxunto estatal, onde alcanzará o 27%.

 

También te puede interesar