RGPD - Cookies
Sucesos

O fiscal pide 15 anos de cadea a un veciño de Muros por agredir sexualmente a un rapaz minusválido

A Sección Segunda da Audiencia coruñesa celebrará esta semán o xuízo contra un veciño de Muros, para o que se piden 15 anos de prisión, por unha presunta agresión sexual a un mozo con minusvalidez psíquica. A Fiscalía solicita a súa condena por un delito continuado contra a liberdade sexual. Pide tamén que o acusado indemnice a vítima con 20.000 € por danos morais.

Os feitos remóntanse ao curso 2007-2008, cando o mozo tiña 17 anos e acudía a un taller para realizar prácticas dentro dun programa de garantía social, impartido no instituto onde a vítima cursaba os seus estudios. O Fiscal sostén que, na primeira semana do curso, o acusado, xefe do taller, ensinoulle na oficina unha película pornográfica e obrigoulle a practicarlle unha felación.

Afirma tamén que esta situación se repetiu «case todos os días no mesmo sitio» ata aproximadamente maio de 2008. A partir de entón, sostén que o mozo sufriu «entre 10 e 12 penetracións anais». Así mesmo, indica que os feitos tiñan lugar na oficina do taller ou nunha furgoneta da empresa «e en lugares apartados».

Por outra banda, sostén que o acusado ameazaba o mozo, que tiña unha minusvalía psíquica do 65% o que, na práctica supón un atraso mental en grao leve con déficit de percepción.

 

También te puede interesar