RGPD - Cookies
Vigo al día

A plantilla de FCC decide este luns se convoca folga de recollida de lixo

Folga recollida de lixo hai máis de dous anos

Os máis de 500 traballadores de FCC, empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo da cidade, están convocados a unha asemblea ás 10 da noite deste luns para decidir se van á folga, “ante a situación de bloqueo das negociacións do convenio colectivo”. O Comité de Empresa indicou que non está dacordo coa proposta de FCC de non engadir o incremento de salario, ademáis, salientan os sindicatos, de a posibilidade de que haxa unha reducción de personal.

Na derradeira folga da plantilla hai dous anos, acumuláronse nas rúas máis dun milleiro de toneladas de lixo. O alcalde, preguntado hoxe sobre a posibilidade de folga e que máis de 350 toneladas de residuos queden sen recollerse cada día, non quixo decantarse e limitouse a sinalar que “está moi ben que os sindicatos, o comité de empresa e os traballadores expresena a súa opinión”.

 

También te puede interesar