Galicia

70 feridos atendidos polo 061 nun fin de semana sen mortos nas estradas galegas

O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 70 persoas debido a 51 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres pasado ate as 12 da noite deste domingo. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o domingo con 21 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 63 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 51 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 70 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 58 e 42 %, respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 40% dos atendidos tiña entre os 15 e os 29 anos. Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 24 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 63. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a tres sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 53 accidentes, os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro ocasións e as ambulancias convencionais acudiron a tres sinistros.

 

También te puede interesar