Galicia

As familias cunha renda de 1.001 € ao mes terán que pagar o comedor nos colexios públicos

O conselleiro de Educación anunciou este martes que serán máis as familias que terán que pagar os comedores escolares no ensino público galego. Xesús Vázquez indicou que manterá o ‘copago’ dos comedores “dotándolo dunha verdadeira progresividade” e para ilustrar a qué se refería sinalou, moitos dos deputados do Parlamento de Galicia non o saben, pero un rapaz cuns país que teñan unha renda anual de 60.000 € pode xantar gratis no colexio se vive a máis de dous quilómetros do centro…esto non é xusto nen equitativo”.

Aínda que o conselleiro non engadiu que o número de fillos de familias, con esas rendas, que acuden a un colexio público non chega nen ao 11%, sí que salientou que a carga caerá nas rendas máis altas. Segundo os seus cálculos, máis dun 57% das familias usuarias do servizo de comedor beneficiarase da gratuidade total; un 10% delas pagaría 1 €, un 8,4% 2,5 € e un 24%, un total de 4,5 € ao día, o custo completo do servizo.

Esta porcentaxe supón que o número de alumn@s con dereito a comedor gratuito descende nun 31% se temos en conta o declarado polo propio conselleiro en agosto do ano pasado, cando asegurou que o 88% d@s estudantes dos centros públicos xantaban gratuitamente e engadía que “mentras en Cataluña, Valencia o Madrid os rapaces teñen que pagar por levar un tupper, en Galicia incrementouse en 6.700 el número rapaces  atendidos nos comedores escolares”.

Pola contra, mentras Educación reduce as prazas gratuitas nos comedores escolares públicos, incrementa ate máis de 3 millóns de euros as subvencións a centros privados que segregan @s alumn@s separándol@s en nenos e nenas ou achega máis de 250 millóns aos colexios concertados, segundo datos da propia consellería.

 

También te puede interesar