RGPD - Cookies
Galicia

Varios sindicatos de NGB impugnarán o ERE presentado pola entidade e acordado con CCOO e UGT

Os sindicatos CIG, ASCA e CGT, que representan a parte dos traballadores de Novagalicia Banco, comezaron este venres en Ourense as súas mobilizacións contra o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que pretende reducir o número de oficinas da entidade pechando 131 delas. As centrais anunciaron que preparan un escrito para impugnar o ERE por consideralo «fraudulento«.

A primeira das mobilizacións previstas en Galicia desenvolveuse na mañá deste venres ante a oficina da entidade na céntrica Rúa do Paseo de Ourense, por ser esta a provincia máis afectada polos novos peches, xunto coa de Lugo, segundo explicou o secretario de CIG-Banca.

O representante sindical relatou que hai un acordo entre o Goberno de España e a Comisión Europea para que entre os anos 2010 e 2017 a entidade bancaria galega reduza nun 70% o volume do seu negocio e nun 66% o persoal que atende as oficinas o que se traduce, segundo os sindicatos, nun “desmantelamento progresivo da entidade”.

Dende 2010 houbo xa tres ERE e entre marzo e o verán de 2013 a entidade aborda o cuarto expediente regulador para pechar outras 49 oficinas, e todas as regulacións, segundo denunciou a CIG, “contaron co apoio sindical de CC.OO., UGT e CSICA, a pesar de que non houbo eleccións sindicais dende hai anos e a maior parte dos delegados que asinaron o acordo para o ERE están, fóra do seu período de mandato».

A CIG prepara un escrito para impugnar o ERE por vía xudicial que se sumará ao escrito de alegacións presentado xa na autoridade laboral. A impugnación basearase en que argumentos relativos ao seu carácter «fraudulento pois a empresa o xustifica con causas económicas que son falsas», segundo o representante da CIG, e en que o anuncio de recolocacións se dá a coñecer «sen explicar qué prazas hai para recolocacións».

 

También te puede interesar