Comarcas

A biblioteca municipal de Tui incrementa o seu fondo local con novas obras históricos

A biblioteca pública municipal de Tui continúa incrementando a súa colección de obras de carácter local coa incorporación das novidades bibliográficas que son editadas sobre a cidade tudense ou por autores locais pero tamén amplía a súa colección coa adquisición de obras de carácter histórico que enriquecen este fondo local á disposición de todos os cidadáns.

Segundo informa hoxe o Concello de Tuias últimas obras incorporadas son as seguintes:

-A primeira edición en español das Memorias Históricas de Australia de Frei Rosendo Salvado editadas no ano 1853 e que completan a primeira edición desta obra realizada en Italia en 1851 e que xa fora adquirida pola Biblioteca tudense no pasado ano 2011.

-A obra do século XIX do cóengo tudense Ricardo Rodríguez Blanco titulada Apuntes históricos de la Santa Iglesia Catedral, Ciudad y antigua diócesis de Tui, editada en Santiago en 1879.

-O Estudio bibliográfico y critico de la prensa periódica tudense de José González Paramos editado en Madrid no ano 1918.

-Dúas obriñas do tudense José Calvo Sotelo: En defensa propia (1932) e Las responsabilidades políticas de la Dictadura, un proceso histórico (1933).

-Achega de obras locais foi completada coa merca de cinco publicacións editadas en Arxentina de Tirso Lorenzo, tudense de nacemento. Trátase do El celibato del doctor Adonis (1932), Acción Hispanista (1932), Antología de motivos poéticos (1928), Nuevos horizontes del idioma (1936) e El doctor Hipólito Irigoyen y el idea hispanoamericano (1928).

O fondo local é unha das secciones da biblioteca municipal que pretende reunir o conxunto máis amplo posible de obras sobre a nosa localidade ou de autores tudenses para ofrecer un servizo máis completo aos usuarios e investigadores sobre a nosa cidade.

Todas as obras foron adquiridas coa finalidade de enriquecer a colección local da nosa biblioteca e convertela nun lugar de referencia para calquera investigación sobre a historia tudense.

También te puede interesar