Galicia

O Fiscal xefe de Galicia reafirma en Vigo que solicitará a nulidade dos contratos de Preferentes por «práctica abusiva»

O Centro Cívico de Teis estaba ateigado para escoitar ao Fiscal Xefe

O fiscal xefe de Galicia confirmou este martes no Céntro Cívico de Teis, no que deu unha charla-coloquio, invitado pola Plataforma de afectados por Preferentes , Vigo -Val Miñor. o que adiantara aos xornalistas o pasado día 19, solicitará a “cesación” dos contratos de participacións preferentes para que o xuíz declare “de oficio” a súa nulidade ante unha “práctica abusiva”. De non prosperar a solicitude, a Fiscalía está disposta a apelar á Audiencia Provincial e “mesmo” recorrer ao Tribunal Supremo.

Carlos Varela salientou que ese será o camino que siga a Fiscalía, logo de que a Audiencia da A Coruña desestimase o recurso de apelación sobre a demanda colectiva dos afectados pola compra de participacións preferentes e obrigas subordinadas de Novagalicia Banco.

O fiscal explicou que exercitará  “unha acción de cesación” ante o Xulgado de Primera Instancia número 11 de A Coruña , onde solicitará a “nulidade de oficio”, dacordo coa xurisprudencia europea, da totalidade dos contratos. “Non será necesario que o Ministerio Fiscal exercitase unha acción de nulidade porque o xuíz estaría habilitado para declarar de oficio a nulidade dos contratos de preferentes”, explicou Varela.

Carlos Varela salientou que chegará ate o final porque esta é "unha causa xusta"

Neste caso, segundo Varela, a Fiscalía será chamada a un xuízo verbal, que espera se celebre en dous ou tres meses. Unha vez que se dicte sentenza, se esta non ratificase as súas teses, estudará presentar unha apelación ante a Audiencia Provincial de A Coruña e “mesmo chegar ata o Tribunal Supremo mediante un recurso de casación”.

Carlos Varela non deixou lugar a dúbidas e, logo de asegurar que defenderá a causa ate o final, “porque é unha causa xusta”, indicou que “a Fiscalía non comparte o que establece o auto da Audienia de A Coruña ao sinalar que habería que realizar unha análise individual de cada caso, posto que, segundo o fiscal, se está ante un interese difuso” ao implicar a 43.000 afectados.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.