Galicia

Educación abre este luns o prazo de inscripción para as probas de acceso a ciclos de FP de Grao Medio

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria abre o vindeiro luns 25 de febreiro o prazo de inscrición para as probas de acceso a ciclos de grao medio de Formación Profesional. Estas probas son unha ferramenta para impulsar a continuación de estudos,  xa que dan a posibilidade de acceder a ciclos formativos a persoas que non foron quen de obter o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

Poderán presentarse a estas probas para acceder a graos medios quen non cumpran os requerimentos xerais para cursar estes estudos e teñan cumpridos os 17 anos, ou os cumpran no 2013, dacordo coa información que aparece neste enlaceO prazo de inscrición estará aberto do 25 de febreiro ao 8 de marzo. As probas realizaranse o 23 de maio.

A proba para o acceso ao grao medio organízase en tres partes, a sociolingüística, con exame de linguas galega e castelá e de ciencias sociais; a matemática; e a científico-técnica, con probas de ciencias da natureza e de tecnoloxía.

A proba dará lugar á obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen. A superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo. A adxudicación de praza estará condicionada pola cualificación obtida na proba, no marco da porcentaxe de reserva de prazas por cada centro e ciclo que se estableza para estas probas.

Para quen realizara a proba en Galicia e non a superara na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco durante un máximo de dous anos nas probas de acceso a ciclos formativos en Galicia.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.