RGPD - Cookies
Galicia

Deixa o abrigo e a roupa la a man, polo menos ate o xoves

Este luns continuaremos baixo a influencia das altas presións e dos ventos de compoñente norte que deixarán os ceos pouco anubrados ou despexados no oeste e con intervalos anubrados no resto. A cota de neve estará por riba dos 600 metros á mañá, subindo a  700 metros pola tarde.

Segundo as predicións de MeteoGalicia, as temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, polo que se repetirán as xeadas que serán especialmente intensas nas zonas altas, mentres que as máximas estarán sen cambios ou en lixeiro ascenso.

Esto supón que as temperaturas oscilarán en Lugo entre 1 e 8º, A Coruña 4 º 11 º, Ferrol 3 º 10 º, Ourense 0 º 10 º, Pontevedra 2 º 11 º ,Santiago 2 º 9 º e Vigo 2 º 11 º, valores que seguirán, case igual, o martes e o mércores.

 

También te puede interesar