O Concello de Arbo, quere recoñecer, un ano máis, a aquelas parellas que cumpren 50 anos de casados. As Vodas de Ouro son unha data importante na convivencia familiar e o Concello prepara, para este domingo, unha homenaxe aos veciños e veciñas arbenses que alcanzan esa efeméride. Mediante a entega duns obsequios a corporación felicitará publicamente ás 6 parellas que este ano cumprion 50 anos de convivencia

A homenaxe, que se celebrará ás 6 da tarde no Multiusos, contará coa participación das agrupacións musicais locais: o grupo de baile e de gaitas da Barca de Loimil, a Coral Polifónica e a recentemente premiada Banda de Música de Arbo.

 

También te puede interesar