Galicia

O número de beneficiarios da RISGA incrementouse nun 24% en so un ano

Os beneficiarios do RISGA son, maioritariamente da provincia de Pontevedra

A cifra de beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) chegou, o 31 de decembro de 2012, segundo datos da Xunta, a un total de 6.718 perceptores, o que supón  un aumento do 24% sobre os usuarios activos que había na mesma data de 2011.

En canto a distribución por provincias, a maioría das axudas da RISGA correspóndense á de Pontevedra (48,76%, 3.276 beneficiarios), seguida pola Coruña (24,38%, 1.638 perceptores). A continuación sitúase Ourense, cun 16,06% dos beneficiarios (1.079 persoas) e, por último, Lugo, que concentra o 10,7% das axudas, que se corresponden con 725 persoas.

No que se refire á RISGA, a Xunta precisa que hai que diferenciar entre o dato de beneficiarios activos a peche do ano pasado co de perceptores acumulados ao longo do ano. Deste xeito, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2012 recibiron esta prestación un total de 8.747 persoas.

A prestación da RISGA está integrada por un subsidio básico, ao que se pode sumar un complemento variable en función do número de membros que compoñen a unidade de convivencia. De ser o caso, os beneficiarios tamén poden percibir un complemento de inserción.

Así, en 2012 o 48,41% dos beneficiarios percibiu o subsidio básico, mentres que o 37,79% recibiu esta axuda acompañada dalgún complemento familiar. Houbo un 3,19% que recibiu o subsidio básico, o complemento familiar e o de inserción, e outro 4,36% ao que se lle concedeu a prestación básica máis o complemento de inserción. A porcentaxe restante non se atopa nas categorías sinaladas dado que, ou ben percibiu só complementos familiares ou de inserción.

Axudas de emerxencia

Xa no que se refire ás AES, concedéronse un total de 2.595 entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2012. Esta cifra reflicte un incremento de case o 12% se se compara cos datos do ano anterior. As AES son axudas económicas de pagamento único que teñen como obxectivo paliar necesidades extraordinarias e urxentes de persoas afectadas por situacións de emerxencia.

A contía media é duns 1.000 €, nun pago único, aínda que a súa cantidade varía en función da necesidade á que teña que facer fronte. Por provincias, das 2.595 axudas concedidas o 53,91% correspóndense con Pontevedra (1.399), seguida por Ourense cun 19,11% (496), Lugo cun 15,95% (413) e, por último, pola Coruña cun 11,06 % (287).

 

También te puede interesar