Vigo al minuto

Esquerda Unida propón que os beneficiarios do Plan de Emprego sexan parad@s que acudan a un proceso público

Esquerda Unida (EU) considera necesario erradicar a fórmula da contratación mediante convenios e que os candidatos e candidatas saían directamente de listados das oficina de emprego da cidade e que o Concello simplemente bareme os criterios de situación familiar, risco de exclusión laboral. A formación prepara unha proposta de ‘Bases de Selección’, que toma como referencia o “exitoso plan de emprego municipal de Xixón”.

Para EU a pesar das reiteradas denuncias de varios colectivos da “arbitrariedade na contractación laboral subvencionada” con recursos públicos asignados ao orzamento, o certo é que o Plan de Emprego Municipal 2013 “corre un serio risco de seguir incidindo nesta vía errónea de xestión administrativa pese ao anuncio do Alcalde de cambiar a concurso público o sistema de contratación”.

Para Esta formación non é casual este cambio xa que “era moi evidente que mediante a fórmula de convenio con asociacións”, nos que indica que non existe unha fórmula de proceso selectivo e simplemente se require dende o Concello o contrato asinado e os TC1 e TC2 dos traballadores empregados,  estábase a xestionar unha cantidade importante de recursos públicos que, “se ben en ocasións axudan a manter estructuras xa existentes en diversos colectivos e non existen novas contratacións, noutros casos, os máis, as subvencións directas devengan en novos contratos carentes de toda garantía de igualdade e publicidade” no acceso aos postos de traballo.

Por isto, EU propoñe ao Concello de Vigo a fórmula de proceso selectivo público que parta das oficinas de emprego da cidade e que unha comisión municipal integrada por: un Presidente, que sería o concelleiro de Promoción Económica,Emprego e Participación Cidadá,  vogais:  un  polo equipo de goberno, un por cada sindicato presente no comité do concello e dous técnicos Municipais, o responsable da oficina de promoción económica e o Coordinador Xeral de Servizos, e un Secretario.

O proceso de selección sería realizado por accións de Orientación Profesional para o Emprego e Asistencia para o Autoemprego (OPEA),polo tanto o Concello deberá convertirse en entidade colaboradora cos sevicios públicos de emprego” conforme ao proceso seguinte: convocatoria Xenérica a través do Servicio Galego de Emprego;  sesión de Información para o Emprego na que se expón o obxecto da convocatoria, as características do Plan e os criterios básicos de selección. “Na mesma sesión faise entrega da documentación que debe ser cumprimentada polo solicitante e entregada posteriormente por OPEA”; recollida da documentación e baremación conforme aos criterios de selección estipulados; elección dos candidatos e comprobación da veracidade dos datos, previa á firma do contrato, polo Servizo de Relacións Laborais e OPEA; apertura dun prazo de 10 días naturais de presentación de alegacións e selección definitiva dos beneficiarios.

Os beneficiarios do Plan, terían que cumprir uns requisitos obrigatorios, dependendo da vía de acceso ao Plan. Existirían tres vías: para mozos en busca do primeiro emprego, para desempregados en xeral e para persoas en situación de urxencia social; excepto neste último caso, aplicaranse uns criterios de prioridade para establecer unha orde de acceso dentro das persoas que cumpran os requisitos.

 

También te puede interesar