Galicia

4 falecidos durante a fin de semana en Galicia e 71 persoas atendidas polo 061

 

Tráxico balance durante a fin de semana con 4 falecidos nas estradas galegas: tres persoas perderon a vida nun accidente en As Pontes onte, mentres que o sábado faleceu un home noutro rexitrado en Catoira.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu un total de 71 persoas debido a 45 accidentes de tráfico ocorridos na comunidade autonómica. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o domingo con 18 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 63 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 45 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 71 persoas.

Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 19 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas, seguida por Pontevedra con 18, Lugo con 4 e Ourense con outors 4 máis.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 69. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a sete sinistros,  o helicóptero asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 55 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis ocasións.

En 61 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, seis foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e catro persoas faleceron no lugar do sinistro.

También te puede interesar