Galicia

Xunta e empresarios galegos recuperan a figura do ‘aprendiz’

A Consellería de Traballo subscribiu este venres un convenio coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) para estimular a contratación de mozos desempregados menores de 30 anos de baixa cualificación. As contratacións faríanse mediante un ‘sistema dual’, que compaxine , formación certificada con traballo de xeito que a Xunta financiará de forma o aprendizaxe, ao tempo que as empresas terán bonificacións nas cotizacións á Seguridade Social.

Trátase, segundo a conselleira Mato de fomentar contratos “de formación e aprendizaxe, no que os mozos, que terán un salario acorde ao convenio colectivo, conseguirán un título profesional mentres son preparados especificamente para un traballo acorde coas necesidades das empresas.

As empresas que se acollan a este convenio terán bonificacións nas cotizacións á Seguridade Social durante a vixencia do contrato, establecida nun mínimo dun ano e un máximo de 3, reducións na cota empresarial entre o 75 e o 100% en función do tamaño da empresa. Así mesmo, poderán ampliarse para os que transformen en indefinidos estes contratos.

A recuperación do ‘aprendiz’ suporá que, o primeiro ano, os empresarios terán que dar formación durante, como mínimo, o 25% do tempo do contrato, formación que pagará, completamente, a Xunta que obterá os fondos da formación para empregados derivada da competencia transferida polo Estado a Galicia.

Segundo a conselleira Mato, búscase estimular a contratación para asinar contratos este semestre e engadiu, sen concretar o número de benefiarios, que o é loitar contra o desemprego xuvenil , que é do 45% en Galicia.

 

También te puede interesar