Galicia

Nen@s bilingües desenvolven mellor “memoria de traballo” que @s monolingües

Concretamente no que atingue á implantación de procesos mentais como almacenamento temporal e procesamento de información e e actualización, no que aventaxan a aquel@s nen@s que falan só un idioma, segundo un estudo realizado conxuntamente pola Universidade de Granada, Universidade de Nova York e na Universidade de Toronto.

A investigación, publicada na última edición do Journal of Experimental Child Psychology , “foi realizada co obxectivo de avaliar como o feito de empregar varios idiomas influencia o desenvolvemento da memoria” e explotar o papel que a memoria de traballo ten na superioridade cognitiva do bilingües, segundo os resultados atopados en estudos anteriores.

Así, @s nen@s bilingües entre 5 e 7 anos de idade que participaron no estudo tiveron mellor desenvolvemento en tarefas cando estas inclúen maiores esixencias doutras funcións cognitivas.

O principal autor do estudo e investigador do Departamento de Psicoloxía Experimental da Universidade de Granada, Julia Castelo Morais, dixo que os resultados indican que o bilingüismo “non ten influencia na mellora da memoria de traballo illadamente, senón que o fai desenvolvemento global das funcións executivas e, máis especialmente, cando eles teñen de interactuar entre sí”

Ademais, o profesor Castelo engadiu que o estudo proporciona “fortes evidencias do impacto do bilingüismo na memoria de traballo, en comparación co traballo anterior”, que só amosa que os nenos bilingües son máis hábiles en tarefas de planificación e control cognitivo. Así, salientou, os alumnos que participaron no estudo e que falan máis dunha lingua o facían “só por causa de circunstancias familiares, e non porque tiveran unha preferencia especial para linguas”.

 

También te puede interesar